A cara afastada da Lúa

A cara afastada da LúaCréditos da imaxe: NASA / GSFC / Arizona State Univ. / Lunar Reconnaissance Orbiter
Explicación: ligada gravitatoriamente en rotación síncrona, a Lúa amosa sempre a súa familiar cara máis achegada aos cidadáns do planeta Terra. Aínda que desde a órbita lunar, a cara afastada da Lúa pode facerse familiar. De feito, esta fotografía detallada, un mosaico procedente da cámara gran angular do Lunar Reconnaissance Orbiter (Orbitador de Recoñecemento Lunar), está centrada na cara lunar afastada. Parte dun mosaico global dunhas 15.000 imaxes adquiridas entre novembro de 2009 e febreiro de 2011, a versión coa resolución máis alta amosa rasgos nunha escala de 100 metros por píxel. O abraiante é que a superfice accidentada e batida da cara afastada semella moi diferente da cara achegada, cuberta con suaves maria lunares escuros. A explicación probable é que a codia da cara afastada é máis grosa, facendo máis difícil que o material fundido do interior flúa cara á superficie e forme os maria lisos.