No bordo de NGC 2174

No bordo de 2174Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble Heritage Team (STScI/AURA)
Explicaciónesta fantástica paisaxe celeste atópase preto do bordo de NGC 2174, unha rexión de formación estelar a uns 6.400 anos luz de distancia na constelación, rica den nebulosas, Orión. Continua polas nubes montañosas de gas e po escavadas por ventos e radiación procedente das estrelas recén nadas da rexión, que agora se atopan espalladas en cúmulos estelares abertos ao redor do centro de NGC 2174, fóra da parte superior do recadro. Aínda que a formación de estrelas segue no interior destas nubes cósmicas poeirentas probablemente dispersarase pola potencia das estrelas recén nadas nuns poucos millóns de anos. Recorded at infrared wavelengths by the Hubble Space Telescope, A escena interestelar, gravada en lonxitudes de onda do infravermello polo Telescopio Espacial Hubble, abarca uns 6 anos luz. A imaxe conmemora o vindeiro aniversario número 24 do lanzamento do Hubble a bordo do transbordador espacial Discovery o 24 de abril de 1990.