O robot da estación espacial esquece a chave de novo

O robot da estación espacial esquece as chaves de novoCréditos da imaxe: tripulación da expedición 38, International Space Station, NASA
Explicación: o robot da estación espacial AFJ013 esqueceu de novo a súa chave da pechadura espacial. O frustrado robot veuse na obriga de petar nunha xanela da estación espacial e pedirlle a un humano que lle deixara entrar; por terceira vez esta semana. “Si, fixo un gran traballo axustando as tolerancias do novo módulo científico, pero por que non lembra coller a chave é inexplicacle”, comentaba incrédulo o comandante da estación Koichi Wakata (Xapón). “Manteríamos a entrada sen o pecho pero temos medo de que os marcianos veñan e de arrasadeira á nosa neveira”, laiábase o astronauta. Feliz Día dos enganos (Primeiro de abril) de parte dos rapaces do APOD. En realidade, o astronauta Wakata da Estación Espacial Internacional posa en fronte dunha xanela da Cupola mentres o Latching End Effector, acoplado ao Canadarm2, se pode ollar custo no exterior.