Quinteto de Stephan máis un

O Quinteto de Stephan máis unEnsamblaxe e procesado da imaxe: Robert Gendler e Judy Schmidt
Datos da imaxe: Subaru Telescope (NAOJ), Hubble Legacy Archive, R. Gendler
Explicación: o Quinteto de Stephan, o primeiro grupo compacto de galaxias identificado, amósase nesta notable imaxe que se construíu con datos obtidos a partires do Hubble Legacy Archive e o Telescopio Subaru no cumio do Mauna Kea. As galaxias do quinteto xúntanse preto do centro do campo, pero realmente só catro das cinco están entretecidas nunha danza cósmica de repetidos encontros achegados que tiveron lugar a uns 300 millóns de distancia. Pero a que está de máis é sinxela de descubrir. As galaxias que interaccionan, NGC 7319, 7318A, 7318B e 7317, teñen un aire que tira máis ao amarelo. Tamén tenden a ter bucles e colas distorsionados, que medraron baixo a influencia de mareas gravitacionais perturbadoras. A galaxia que é maiormente azulada, NGC 7320, está no primeiro plano a uns millóns de anos luz de distancia, e non forma parte do grupo de interacción. Ademais, hai outra galaxia no campo superior e á esquerda do Quinteto de Stephan, NGC 7320C, que tamén está a 300 millóns de anos luz de distancia. Naturalmente, incluíndoa devolvería ás catro galaxias en interacción a status de quinteto. O Quinteto de Stephan sitúanse nos límites da constelación de altos voos Pegasus. Á distancia estimada das galaxias en interacción do quinteto, este campo visual abarca uns 500.000 anos luz.