Ronseis estelares sobre El Capitán

Ronseis estelares sobre El CapitánCréditos da imaxe e copyright: Michael Bolte (UCSC)

Explicación: cunha altura de 1.000 metros desde a base ata o cumio, a famosa faciana granítica de El Capitan no Parque Nacional Yosemite da Terra xusto agocha o polo norte celeste do planeta nesta paisaxe do ceo. Naturalmente, o polo norte celeste está no centro de todos os ronseis estelares. Os seus arcos curtos reflicten a rotación diaria do planeta sobre o seu eixe rexistradas nun amoreado dixital de 36 exposicións continuas. Os rastros lineais das luces de navegación dun avión que pasa e o resplandor das luces du coche ao longo da estrada por riba tamén se capturaron no acumulado secuencial. Pero o ronsel discontinuo de luz que se olla contra o escarpado El Capitán segue a un equipo de escalada na noite do 8 de novembro de 2013. O equipo está a ascender cara o cumio ao longo do Nariz, unha ruta histórica de escalado da rocha.