O equinoccio nunha Terra xiratoria

 

Créditos da imaxe: NASA, Meteosat, Robert Simmon Explicación: cando se vai vertical a liña entre o día e a noite? Mañá. Mañá é un equinoccio do planeta Terra, un momento do ano cando o día e a noite son case iguais. Nun equinoccio, o terminador da Terra (a liña divisoria entre o día e a noite) faise vertical e conecta aoos polos norte e sur. O vídeo secuencia superior demostra isto amosando un ano enteiro no planeta Terra en doce segundos. Desde a órbita xeosíncrona, o satélite Meteosat gravou estas imaxes en infravermellos de cada día da Terra á mesma hora local. O vídeo comezou no equinoccio de setembro de 2010 coa liña do terminador en vertical. Mentres a Terra xiraba ao redor do Sol, o terminador puido verse inclinándose dun xeito que proporciona menos luz solar polo día no hemisferio setentrional, provocando o inverno do norte. Mentres avanza o ano, o equinoccio de marzo de 2011 chegou á metade do vídeo, seguido por unha inclinación cara a outra beira, provocado o inverno no hemisferio meridional; e o verán no norte. A ano capturado remata de novo co equinoccio de setembro, concluíndo outro dos milleiros de millóns de viaxes que a Terra fixo, e fará, ao redor do Sol.