No corazón da Nebulosa Rosetta

No corazón da Nebulosa RosettaCréditos da imaxe e copyright: Don Goldman
Explicación: no corazón da Nebulosa Rosetta aópase o brillante cúmulo aberto de estrelas que alumea a nebulosa. As estrelas de NGC 2244 formáronse a partires do gas que as arrodeaba hai só uns poucos millóns de anos. A fotografía superior, tirada en xaneiro empregando múltiples exposicións e cores moi específicas para o xofre (sombreado de vermello), hidróxeno (verde) e osíxeno (azul), capta a rexión central en tremendo detalle. Un vento cálido de partículas flúe cara ao exterior e contribúe a un complexo zoo de gas e filamentos de po mentres evacúa lentamente o centro do cúmulo. O centro da Nebulosa Rosetta mide uns 50 anos luz de diámetro, está a uns 4.500 anos luz de distancia e pode ollarse con prismáticos cara a constelación do Unicornio (Monoceros).