Mundos habitables

Mundos habitablesCréditos da imaxe e licenza: Planetary Habitability Laboratory (UPR Arecibo)
Explicación: é a Terra o único mundo coñecido que pode albergar a vida? Nun esforzo de atopar mundos favorables á vida no exterior do noso Sistema Solar, se está a monitorizar as estrelas semellantes ao noso Sol na busca de lixeiras diminucións de luz que indiquen planetas eclipsantes. Están a descubrirse moitos planetas descoñecidos anteriormente, incluíndo uns 700 mundos recentemente desvelados polo satélite Kepler da NASA. Enriba represéntanse nunhas ilustracións artísticas doce planetas extrasolares que orbitan nas zonas habitables das súas estrelas. Estes exoplanetas teñen a temperatura correcta para que haxa auga líquida nas súas superficies e, por tanto, a vida baseada na auga sobre a Terra podería ser quen de sobrevivir neles. Aínda que tecnoloxicamente non se pode detectar a vida residente, atopar exoplanetas habitales é un paso que axuda á humanidade a comprender mellor o seu lugar no cosmos.