Lúa diúrna coñece á estrela matutina

Lúa diúrna atopa estrela matinalCréditos e copyright: Cui Yongjiang e Shi Zexing
Explicación:  Venus aparece agora coma a brillante estrela matinal da Terra ficando no alto do horizonte leste antes do mencer. Para a maioría, a prateada almenara celeste erguíase nun emparellamento achegado cun Lúa moi minguada o 26 de febreiro. Pero ollándoo desde localidades de África occidental antes da saída do Sol, realmente o minguante lunar ocultaba ou pasaba por diante de Venus, tamén nunha fase minguante. Máis lonxe ao leste, a ocultación ocorría durante as horas diúrnas. De feito, nesta instantánea telescópica dos devalos batíndose en duelo captouse xusto antes de que comezara a ocultación nuns cristalinos ceos despexados pola tarde desde a provincia Yunnan, China. A inesquecible escena puido verse facilmente a simple vista durante gran parte do día.