A sonda espacial Cassini atravesa o plano dos aneis de Saturno

A sonda espacial Cassini atravesa o plano de aneis de SaturnoCréditos da imaxe: Cassini Imaging Team, ISS, JPL, ESA, NASA
Explicación: se isto é Saturno, onde están os aneis? Cando os “apéndices” de Saturno desapareceron en 1612, Galileo non entendía por que. Despois dese século, chegou a comprenderse que os estraños avultamentos de Saturno eran aneis e que cando a Terra cruza o seu plano os aneis, de canto, parecerán desaparecer. Isto débese a que os aneis de Saturno están confinados a un plano moitas veces máis delgado, en proporción, que unha coitela de afeitar. Na época actual, a sonda espacial automática Cassini, que está a orbitar Saturno, tamén cruza agora o plano dos aneis de Saturno. Unha serie de imaxes dos cruces do plano desde febreiro de 2005 foron extraídas do enorme arquivo en liña de imaxes en bruto da Cassini polo afeccionado interesado español Fernando García Navarro. Na imaxe superior, recortadas dixitalmente e representadas en cores simuladas, está o espectacular resultado. O delgado plano de aneis de Saturno aparece en azul, as bandas e nubes da atmosfera superior de Saturno aparecen en dourado. Poden verse detalles dos aneis de Saturno nas sombras escuras altas ao través do cumio desta imaxe, tirada en 2005. As lúas aparecen coma vultos dos aneis.