Unha nube pileus arco da vella sobre Cimbabue

Nube pileus arco da vella sobre ZimbabweCréditos da imaxe e copyright: Peter Lowenstein
Explicación: si, pero cantas nubes escuras teñen un forro multicor? Na imaxe, por tras desta nube máis escura, hai unha nube pileus iridescente, un grupo de pingas de auga que teñen un tamaño uniformemente semellante e por iso xuntas difractan cores diferentes da luz solar en cantidades diferentes. A fotografía superior tirouse xusto antes do solpor cando o cambio foi percibido por casualidade por un fotógrafo ao leste de Murambi, preto do Val Odzi e a Serra Mtanda de Cimbabue. Tamén se captaron estrañas ondas pequenas por riba da nube pileus. A formación dunha rara nube pileus como un chapeo sobre unha nube cumulus común é unha indicación de que a nube inferior está a expandirse cara arriba e ben podería desenvolverse nunha tormenta. Porén, neste caso, só uns poucos minutos trala aparición da colorida nube, desapereceu.