A arañeira cósmica da Nebulosa da Tarántula

A arañeira cósmica da Nebulosa TarántulaCréditos da imaxe e copyright: Damian Peach
Explicación: é a rexión de formación estelar máis complexa e grande de toda a veciñanza galáctica. Localizada na Gran Nube de Magallanes, unha pequena galaxia satélite que orbita á nosa galaxia da Vía Láctea, a aparencia arácnida da zona é a responsable do seu nome popular, a nebulosa da Tarántula. Porén, esta tarántula ten uns 1.000 anos luz de diámetro. Se estivera situada á distancia da Nebulosa de Orión, na Vía Láctea, a só 1.500 anos luz de distancia e que é a gardería estelar máis achegada á Terra, parecería cubrir uns 30 graos (60 lúas cheas) do ceo. Poden verse detalles intrigantes da nebulosa en cores case reais. Os brazos alongados da nebulosa da Tarántula arrodean a NGC 2070, un cúmulo estelar que contén algunhas das estrelas máis masivas e brillantes coñecidas, que se pode ollar á dereita en azul. Coma as estrelas masivas viven rápido e morren mozas, non é tan abraiante que a Tarántula cósmica tamén se atope preto do lugar dunha supernova recente achegada.