No interior da Nebulosa da Aguia

A nebulosa da AguiaCréditos e copyright: T. A. Rector e B. A. Wolpa, NOAO, AURA
Explicación: desde o lonxe, todo enteiro parécese a unha Aguia. Porén, unha ollada máis de preto á Nebulosa da Aguia amosa que a rexión brillante realmente é unha xanela ao interior do centro dunha capa escura máis grande de po. Ao través desta xanela, parece un obradoiro moi alumeado onde se está a formar un cúmulo aberto de estrelas ao completo. Nesta cavidade fican piares altos e glóbulos redondos de po escuro e mgas olecular gas frío onde se están a formar estrelas. Xa se poden ver varias estrelas brillantes azuis nova cuxa luz e ventos están a arder e fan retroceder ao resto dos filamentos e os muros de gas e po. A nebulosa de emisión da Aguia, etiquetada coma M16, atópase a uns 6.500 anos luz de distancia, abarca uns 20 anos luz e pode verse con prismáticos cara a constelación da Cobra (Serpens). Esta imaxe combina tres cores específicas emitidas e tirouse co 0telescopio de 0,9 metros de Kitt Peak, Arizona, EUA.

Astrofísicos: navega polos máis de 700 códigos da Biblioteca de Códigos-fonte de Astrofísica