NGC 2359: o casco de Thor

Ngc2359: o casco de ThorCréditos e copyright: Bob e Janice Fera (Fera Photography)
Explicación: esta nube con forma de casco con apéndices coñécese popularmente coma o casco de Thor. O Casco de Thor, cun tamaño heroico incluso para un deus nórdico, ten uns 30 anos luz de diámetro. De feito, o casco parécese máis a unha burbulla interestelar, inchándose mentres un vento rápido que procede da estrela masiva e brillante que está preto do centro da burbulla varre o interior dunha nube molecular circundante. A estrela central, coñecida coma unha estrela Wolf-Rayet, é unha xigante enormemente quente que se pensa está nunha etapa breve na súa evolución de pre-supernova. A nebulosa, catalogada coma NGC 2359, sitúase a uns 15.000 anos luz de distancia na constelación Canis Major. A definida fotografía, feita empregando filtros de banda ancha e estreita, capta detalles impactantes das estruturas filamentarias da nebulosa. Amosa unha cor azul-verdecente que procede da potente emisión debida aos átomos do osíxeno do gas brillante.