IC 1805: luz desde o corazón

IC 1805: luz procedente do corazónCréditos da imaxe e copyright: César Blanco González
Explicación: espallándose por case 200 anos luz, a nebulosa de emisión IC 1805 é unha mestura de gas interestelar brillante e nubes de po escuro a uns 7.500 anos luz de distancia no brazo espiral de Perseus da nosa galaxia. As estrelas naceron nesta rexión cun alcume, a Nebulosa do Corazón, que deriva da súa forma moi a conto polo Día dos namorados. As propias nubes son formadas polos ventos estelares e a radiación procedentes das estrelas quentes e masivas do cúmulo de estrelas recén nadas Melotte 15, cuns 1,5 millóns de anos de idade. Esta fonda imaxe telescópica fai un mapa da penetrante luz das liñas de emisión estreita dos átomos da nebulosa nunha paleta de cores popularizada en fotografías do Hubble de rexións de formación estelar. O campo de visión abarca uns dous graos do ceo ou catro veces o diámetro dunha lúa chea. O corazón cósmico atópase na constelación de Cassiopeia, a fachendosa e mítica raíña de Etiopía.