No centro de Auriga

No centro de AurigaCréditos da imaxe e copyright: Rogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)
Explicación: a antiga constelación de Auriga, richa en cúmulos estelares e nebulosas, galopa alto nos ceos nocturnos do inverno setentrional. Este fondo mosaico de imaxes telescópicas gravado en xaneiro, que abarca case 24 lúas cheas (12 graos) do ceo, fachendea dalgunas das vistas máis populares de Auriga para os turistas cósmicos. O ateigado campo esténdese ao longo do plano da galaxia Vía Láctea na dirección oposta ao centro galáctico. Necesitas direccións? Preto do fondo do cadro, no límite do Auriga con Taurus o Touro, a brillante e azulada estrela Elnath coñécese tanto coma Beta Tauri e Gamma Aurigae. No extremo esquerdo e a case 300 anos luz de distancia, os filamentos que forman bucles enleados do remanente de supernova Simeis 147 cobre uns 150 anos luz. Mirando cara á dereita atopamos a nebulosa de emisión IC 410, significativamente máis afastada, a uns 12.000 anos luz de distancia. IC 410, que está a formar estrelas, é famosa polo seu novo cúmulo estelar incrustado, NGC 1893, e as nubes de po de gas con forma de cágado. A Nebulosa da Estrela Chameante, IC 405, está xusto un pouco máis lonxe. As súas nubes vermellas e arrevesadas de gas hidróxeno brillante están ionizadas pola estrela quente de tipo-O AE Aurigae. Dous cúmulos estelares abertos da nosa galaxia, os M36 e M38 de Charles Messier, se aliñan no campo estelar superior, familiares a moitos olladores celestes equipados con prismáticos.