As Nebulosas Corazón e Alma

Nebulosas Corazón e AlmaCréditos da imaxe e copyright: Leonardo Orazi
Explicación: están o corazón e a alma da nosa Galaxia situados en Cassiopeia? Posiblemente non, pero aí é onde poden atoparse dúas brillantes nebulosas de emisión alcumadas Corazón e Alma. A Nebulosa Corazón, denominada oficialmente IC 1805 e visible enriba á dereita da imaxe ampliable, ten unha forma con reminiscencias ao símbolo clásico do corazón. Ámbalas dúas nebulosas brillan con intensidade na luz vermella do hidróxeno excitado. A fotografía aparece poboada por varios cúmulos abertos novos de estrelas que se poden ver máis arriba en azul, incluíndo aos centros das nebulosas. Á luz lévalle uns 6.000 anos chegar a nós desde as nebulosas, que xuntas abarcan aproximadamente uns 300 anos luz. O estudio de estrelas e cúmulos como eses que se atopan nas Nebulosas Corazón e Alma céntranse en como se forman as estrelas masivas e como afectan ao seu contorno.