Caendo á Terra

Créditos do vídeo e copyright: Red Bull Stratos, GoPro;
Música: Wilderness is Their Home Now & Satellites (East of the River), ExtremeMusic
Explicación: como sería caer á Terra desde un lugar realmente alto? En 2012 estableceuse unha nova marca de salto de altura por Felix Baumgartner. Sobrepasando o anterior récord de 31,3 quilómetros de caída libre, Baumgartner, nunha empresa comercial, saltou desde a plataforma dun globo aerostático a 39,0 quilómetros por riba de Novo México, EUA e gravou por completo a caída en vídeo. Baumgartner levaba posto un traxe presurizado capaz de proporcionarlle aire respirable e calor mentres subía no globo, pero arrefriábao despois para protexelo da calor producida pola fricción da súa caída. En caída libre de 36,4 km antes de despregar o seu paracaídas, Baumgartner superou os 1.000 km por hora e a barreira do son durante o descenso. O vídeo superior grava os seus catro minutos e 19 segundos de caída libre en tempo real. A emocionante escena incluíu un dalgún xeito inesperado pero potencialmente perigoso xiro que ocorreu durante o segundo minuto que puido deixar inconsciente ou desorientado a Baumgartner. Despois dunha caída en picado fascinante, o paracaídas de Baumgartner abriuse e aterrou de xeito seguro.