Os cráteres desaparecidos do asteroide Itokawa

Os cráteres desaparecidos do asteroide ItokawaCréditos da imaxe e copyright: ISAS, JAXA
Explicación: u-los cráteres do asteroide Itokawa? Desaparecidos, abraiantemente. A sonda robótica xaponesa Hayabusa deuse achegado ao asteroide que cruza á Terra en 2005 e enviou fotografías que amosan unha superficie diferente á de calquera outro corpo do Sistema Solar fotografado ata o de agora; unha superficie posiblemente libre de cráteres. A hipótese destacada da falla das comúns fendedura circulares é que o asteroide Itokawa sexa unha morea de refugallos, un montón de anacos de rochas e xeo que só se manteñen xuntos por una pequena cantidade de gravidade. De ser así, os cráteres poderían non terse formado de xeito tan sinxelo; o enchéronse cando fose que o asteroide se vira sacudido polo paso dun planeta ou golpeado por un meteoro masivo. As observacións recentes desde a Terra do asteroide Itokawa amosaron que unha parte do interior ten aínda unha densidade media máis alta que en calquera outra parte, outro descubrimento inesperado. A misión Hayabusa trouxo mostras de solo desde o Itokawa que tamén están a aportar pistas da historia antiga do estraño asteroide e todo o noso Sistema Solar.