A noite agocha o mundo

A noite oculta o mundoCréditos da imaxe e copyright: Babak Tafreshi (TWAN)

Explicación: as estrelas saen cando o crepúsculo nocturno se atenúa nesta tranquila paisaxe celeste que emula o proverbio persa “A noite oculta o mundo, pero desvela o Universo”. Nesta escena do pasado novembro, o Sol está a poñerse sobre o norte de Kenia e a noite pronto agochará as costas do Lago Turkana, fogar de moitos crocodilos do Nilo. Esa rexión tamén é coñecida coma o berce da humanidade pola súa abundancia de fósiles de homínidos. Un Venus brillante, daquela a estrela verpertina do mundo, domina a noite estrelecida superior. Pero tamén se desvelan estrelas febles, nubes de po cósmico e nebulosas brillantes xunto cun elegante arco da nosa propia galaxia Vía Láctea.