A noite nos socalcos

A noite nos socalcosCréditos da imaxe e copyright: Cui Yongjiang
Explicación: moito despois do solpor do 25 de xaneiro, de xeito estraño unha intensa luminescencia vermella anegou esta paisaxe celeste que mira ao sur. A escena foi gravada cunha cámara dixital e longa exposición sobre a provincia de Yunnan ao suroeste de China. Visible como moito de xeito tenue a simple vista, a delongada luminescencia débese á quimio-luminescencia, a produción de luz por medio da excitación química. Cunha orixe a unha altitude semellante ás auroras, pode atoparse por todo o globo. A enerxía química é proporcionada inicialmente pola radiación do Sol do ultravioleta extremo. Nesta noite, a pesares da luminosa atmosfera, a banda da Vía Láctea estírase claramente sobre o horizonte coa estrela brillante Sirius preto do alto do recadro. Ámbolos dous, luminescencia e ceo estrelecido, reflíctense fermosamente nos socalcos de arroz asolagados da rexión de Yuanyang, na parte inferior.