NGC 2683: galaxia espiral de canto

ngc2683: galaxia espiral de cantoCréditos da imaxe: Telescopio Subaru (NAOJ), Telescopio Espacial Hubble. Ensamblaxe e procesado da imaxe e copyright: Robert Gendler
Explicación: ten a galaxia espiral NGC 2683 unha barra atravesándoa no seu centro? Sendo tan semellante á nosa propia barrada Galaxia Vía Láctea, un podería supor que si. Porén, estando case de canto é complicado de dicir. Sexa coma sexa, este espectacular universo illa, catalogado coma NGC 2683, atópase a só 20 millóns de anos luz de distancia na constelación setentrional do Lince (Lynx). NGC 2683 óllaxe case de canto nesta vista cósmica que combina datos e imaxes do telescopio Subaru con base en terra e o Telescopio Espaical Hubble con base no espazo. No fondo poden ollarse galaxias máis afastadas. A luz torcida procedente dunha gran poboación de vellas estrelas amarelentas forma o núcleo galáctico moi brillante. A luz estelar perfila os corredores de po ao longo dos brazos espirais retortos, punteado co brillo azul desvelador de cúmulos de estrelas novas nestas rexións de formación estelar da galaxia.