Vídeo secuencia panorámico lunar que inclúe ao todoterreo Yutu

Change3pan_kremer_5065Créditos da imaxe: CNSA, Chinanews, Kenneth Kremer e Marco Di Lorenzo
Explicación: en que parte da Lúa estivo o todoterreo Yutu? O todoterreo automático Yutu chinés, que aterrou a mediados de decembro de 2013, pasou parte do pasado mes e medio explorando o Mare Imbrium (Mar das Choivas) da Lúa da Terra. Debido a que emprega enerxía solar, o Coello de Xade mecánico entra en modo de repouso para  sobrevivir á longa noite lunar de dúas semanas. Retratada enriba hai unha composición panorámica en vídeo secuencia creada dixitalmente que amosa a rexión que arrodea ao aterrizador Chang’e 3, captando ao todoterreo do tamaño dun escritorio en tres posicións. No estremo dereito, pode verse ao Yutu dirixíndose ao sur para investigar pastos máis verdes para non voltar, probablemente, nunca ao seu aterrizador outra vez.