Marte e Orión sobre Monument Valley

Marte e Orión sobre Monument ValleyCréditos da imaxe e copyright: Wally Pacholka (Astropics, TWAN)
Explicación: benvidos ao “Mundo á Noite”. Ao compartir o ceo nocturno por todo o mundo, con esta imaxe do Monument Valley os EUA inclúen un primeiro plano pintoresco de outeiros famosos, os denominados buttes. Os buttes están compostos da rocha dura que ficou despois de que a auga erosionara a rocha branda que a rodeaba. Os dous buttes á esquerda da fotografía coñécense coma os Mittens, mentres o butte Merrick está á dereita. Gravado en decembro de 2007, o planeta Marte está á esquerda da paisaxe, unha almenara brillante en laranxa que é o obxecto máis brillante do recadro. Á dereita de Marte atópase a constelación de Orión. Betelgeuse é a estrella avermellada preto do centro e o Cinto de Orión maila Nebulosa de Orión están máis afastados á dereita. Por último, a estrela azul brillante Rigel aparece por riba do butte Butte nesta impresionante imaxe do Mundo á Noite.