Arco de Möbius baixo amencer luar

Arco de Möbius e amencer luarCréditos da imaxe e copyright: Laurie Hatch
Explicación: só dous días despois de ser chea, a Lúa de febreiro brilla ao través de nubes finas, saíndo pola esquerda desta paisaxe do ceo nocturno en ollo de peixe. O luar alumea un primeiro plano redondeado e erosionado dos outeiros de Alabama, convenientemente localizados ao leste do monte Whitney ao longo da cordilleira Sierra Nevada en California (EE.UU.), planeta Terra. O cazador Orión mantense á dereita, unha familiar constelación do inverno setentrional. O brillante Xúpiter, o xigante gasoso que domina o Sistema Solar, está preto do centro superior do recadro. Por baixo de Xúpiter, Sirius, a estrela alfa do Gran Can, posa por riba dun accidente paisaxístico abovedado e retorto coñecido coma Arco de Möbius, pola semellanza da súa curva coa superficie matematicamente famosa de só unha faciana. Naturalmente, en vez de empregar rochas, vento e meteoroloxía, a banda de Möbius é máis sinxela de facer con papel, tesoiras e fixo.