Piares de luz desde un pequeno planeta

Piares de luz sobre un planeta pequenoCréditos da imaxe e copyright: Janne Voutilainen
Explicación: arrepiantes piares de luz arrodean os límites deste pequeno planeta nevado. Naturalmente, o pequeno planeta é o planeta Terra, que se amosa nunha proxección de pequeno planeta., dende o nadir ao cénit, ao redor do horizonte. O mosaico de imaxes panorámico e esférico cartografía unha vista desde Siilinjärvi no leste de Finlandia. Os cristais planos de xeo, como os que a miúdo se atopan nas nubes altas e finas, están a flotar suavemente no aire moi frío preto da superficie. Os piares de luz aparecen cando as facianas horizontais reflicten brevemente a luz dirixida cara arriba desde as fontes terrestres de abaixo, segundo a perspectiva do observador. De feito, os cristais flotantes producen un efecto análogo ao das columnas escintilantes do luar ou a luz solar reflectida polas ondas superficiais da auga.