Relampo de foguete e ronseis estelares

Relampo de foguete e ronseis estelaresCréditos da imaxe e copyright: Mike Killian / AmericaSpace
Explicación: nun trípode e mirando ao leste ao través da cunca Turn do Centro Espacial Kennedy, unha cámara captou estes ronseis estelares coma unha serie de exposicións curtas durante un periodo de tres horas na noite do 23 de xaneiro. Situada xusto a uns poucos quilómetros do Complexo de Lanzamento Espacial 41 da Base da Forza Aérea Cabo Canaveral, tamén captou un espectacular lazamento nocturno dun foguete Atlas V que transporta o Tracking and Data Relay Satellite TDRS-L (ou Satélite de Transmisión de e Seguemento de Datos) da NASA. O movemento aparente das estrelas, que crean os ronseis por todo o ceo, é tan só un reflexo da rotación diaria do planeta Terra sobre o seu eixe. Pero a rotación tamén é a razón de que o relampo do foguete siga un camiño arqueado ao leste a través do Atlántico. Lanzando cara o leste, na dirección do eixe da Terra, engádese a velocidade de rotación ao foguete e reduce o combustible necesario para chegar á órbita. Un pouco irónico, TDRS-L está destinado a unha órbita xeoestacionaria. Desde aí, a 36.000 quilómetros máis ou menos sobre o ecuador, o seu perioro orbital coincidirá coa rotación da Terra e o satélite ficará pendurado sen movemento no ceo do planeta Terra.