Aparece en Marte rocha con forma de bolo de crema

Rocha marciana con forma de bolo de cremaCréditos da imaxe: Mars Exploration Rover Mission, Cornell, JPL, NASA
Explicación: que pasa se de súpeto aparecese sobre Marte unha rocha con forma de bolo de crema? Iso é xusto o que pasou perante ao todoterreo automático Opportunity que está a explorar na actualidade o planeta vermello. A rocha aparecida de xeito inesperado, fotografada enriba, foi captada recentemente polo Opportunity despois de non aparecer noutras imaxes de doce días marcianos (soles) antes. Proposto o intrigante misterio, a explicación principal é certamente aburrida; a rocha foi espallada recentemente por unha das rodas do todoterreo. Aínda así, os tons estrañamente claros arrodendo o interior vermello da rocha xeraron interese pola súa composición; ademais de provocar que fose alcumada Bolo de Crema. Unha análise química posterior amosou que a rocha é dúas veces máis abondosa en manganeso que calquera outra rocha examinada ata o momento; un indicio inesperado de que aínda non encaixa no coñecemento da humanidade sobre a historia xeolóxica marciana. O Opportunity, pasando agora o seu décimo aniversario en Marte, continúa a explorar a sección Murray Ridge da beira do Cráter Endeavor de 22 quilometros de diámetro.