Galaxia espiral M83: a tarabela meridional

M83 a tarabela meridionalCréditos da imaxe: NASA, ESA, Equipo Hubble Heritage (STScI/AURA) e W. P. Blair (JHU) et al.
Explicación: M83 é unhas das galaxias espirais máis achegadas e brillantes do ceo. Visible con prismáticos na constelación da Hydra, os maxestuosos brazos espirais motivaron que se alcumase coma a Tarabela Meridional. Aínda que se descubriu hai 250 anos, só moito máis tarde apreciouse que M83 non era unha nube de gas próxima, senón unha galaxia espiral barrada moi parecida á nosa propia Galaxia Vía Láctea. M83, fotografada enriba polo Telescopio Espacial Hubble nunha imaxe publicada recentemente, é unha integrante destacada dun grupo de galaxias que inclúe a Centaurus A e NGC 5253, todas elas a uns 15 millóns de anos luz de distancia. En M83 rexistráronse varias explosións de brillantes supernovas. No centro de M83 descubriuse un intrigante anel dobre ao redor do núcleo.

Organiza o teu Universo: calendario APOD 2014 de balde en formato PDF