Desde a Cruz do Norte deica a Cruz do Sur

Desce a Cruz do Norte deica a Cruz do SurCréditos da imaxe e copyright: Nicholas Buer
Explicación: hai unha estrada que conecta a Cruz do Sur coa do Norte pero tes que estar no lugar e no momento axeitado para mirala. A estrada, tal e como se fotografía enriba, é realmente a banda central da nosa Galaxia Vía Láctea; o lugar axeitado, neste caso, é a escura Laguna Cejar no Salar de Atacama do Chile setentrional; e o momento correcto foi a comezos de outubro, xusto tralo solpor. Moitas marabillas do ceo se captaron nese intre, incluíndo a brillante Lúa, dentro do arco da Vía Láctea; Venus, xusto por riba da Lúa; Saturno e Mercurio, xusto por baixo da Lúa; as galaxias satélite das Nubes Grande e Pequena de Magallanes, no extremo esquerdo; a luminescencia nocturna vermella preto do horizonte á esquerda da imaxe; e as luces das pequenas cidades de varias localidades por todo o horizonte. Un podería supor que compoñer esta panorámica de 30 fotografías sería unha experiencia tranquila, pero para a que se requirirían tapóns para os oídos para ignorar os orneos continuados dos burros salvaxes.