Supernova brillante en M82

Supernova brillante en M82Créditos da imaxe e copyright: Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, U. Arizona
Explicación: os astrónomos non atopan realmente as supernovas buscando as frechas. Pero nesta fotografía tirada o 23 de xaneiro, unha frecha apunta a unha supernova excitante e nova, xa catalogada coma SN 2014J, na achegada galaxia brillante M82. Localizada preto do Setestrelo no ceo do planeta Terra, M82 tamén é coñecida coma a Galaxia do Cigarro, un obxectivo popular para os telescopios do hemisferio setentrional. De feito, SN 2014J foi descuberta por vez primeira vez coma una fonte descoñecida, na por outra parte familiar galaxia, grazas ao profesor asistente Steve Fossey e os estudantes do seminario de astronomía Ben Cooke, Tom Wright, Matthew Wilde e Guy Pollack no observatorio do University College London na noite do 21 de xaneiro. M82 está a só 12 millóns de anos luz de distancia (polo que a explosión de supernova ocorreu hai 12 millóns de anos e esa luz chega agora á Terra), facendo que supernova SN 2014J sexa unha das máis próximas olladas nas décadas recentes. Os espectros indican que é unha supernova Tipo Ia provocada pola explosión dunha anana branca que captura materia procedente dunha estrela compañeira. Algúns estiman que está aínda a dúas semanas do seu brillo máximo, pero SN 2014J xa é a parte máis brillante de M82 e visible con telescopios pequenos no ceo nocturno.