Oscilacións acústicas bariónicas do SDSS-III

Oscilacións acústicas bariónicasCréditos da ilustración: Zosia Rostomian (LBNL), SDSS-III, BOSS
Explicación: que tamaño parecen ter as cousas cando están ao lonxe? Realmente, cando ollamos por todo o Universo, a resposta pode tratar do poder de lente gravitacional do noso Universo completo; e por tanto da súa composición. Con ese obxectivo, o Baryon Oscillation Spectroscopic Survey (BOSS ou Exploración Espectroscópica de Oscilación Bariónica) do Sloan Digital Sky Survey-III (SDSS-III ou Exploración Dixital do Ceo Sloan) mediu os lixeiros aumentos periódicos da densidade nas galaxias ata seis mil millóns de anos luz de distancia (corremento ao vermello de 0,7), cando o Universo tiña a metade da súa idade actual. Estas ondas de densidade coñécense coma oscilacións acústicas bariónicas (BAOs) e pénsase que xurdiron desde o Universo temperán a unha escala de tamaño coñecida. As medicións da BOSS desta escala de tamaños indican que o espazo do noso Universo actúa gravitatoriamente coma unha lente xigante feita predominantemente de enerxía escura, reforzando así os indicios anteriores desta estraña composición. Na imaxe supeior vemos unha ilustración artística que representa de forma esaxerada as BAOs do Universo afastado.