Correntes estelares de M83

Corrente estelar de M83Créditos da imaxe e copyright: R. Gendler, D. Martínez-Delgado (ARI-ZAH, Univ. Heidelberg) D. Malin (AAO),
NAOJ, ESO, HLAEnsamblado e procesado: Robert Gendler
Explicación: grande, brillante e fermosa, a galaxia espiral M83 atópase a tan só doce millóns de anos luz de distancia, preto do extremo surleste da moi longa constelación da Hydra. Esta fonda imaxe do espectacular universo illa inclúe observacións do Hubble, xunto con datos terrestres de unidades telescópicas de gran tamaño do European Southern Observatory (ou Observatorio Europeo Meridional), o telescopio Subaru do Observatorio Astronómico Nacional de Xapón mailos datos fotográficos do Observatorio Astronómico Australiano de D. Malin. Cuns 40.000 anos luz de diámetro, M83 coñécese popularmente como o remuíño meridional debido aos seus destacados brazos espirais. Pero a riqueza das rexións de formación estelar avermelladas, que se atopan preto dos bordos do anchos corredores de po dos brazos, tamén suxiren outro alcume popular de M83, a Galaxia do Milleiro de Rubís. Arqueándose preto do alto deste innovador retrato cósmico atópase a corrente setentrional estelar de marea de M83. A feble e fuxidía corrente estelar, refugallos procedentes da rotura gravitatoria dunha galaxia satélite máis pequena en fusión, atopouse hai unha década salientando placas fotográficas.