Despina, lúa de Neptuno

Despina, lúa de NeptunoCréditos da imaxe: NASA, JPL – Copyright do procesado da imaxe: Ted Stryk
Explicación: Despina é unha pequena lúa de Neptuno. Con só 148 quilómetros de diámetro, a diminuta Despina descubriuse en 1989, en imaxes da nave espacial Voyager 2 tiradas durante o seu encontro o planeta xigante gasoso máis afastado do Sistema Solar. Pero revisando 20 anos máis tarde os datos da Voyager 2, o procesador afeccionado de imaxes e profesor de filosofía Ted Stryk descubriu algo que non se recoñecera antes; as imaxes que amosaban a sombra de Despina en tránsito a través da parte superior das nubes azuis de Neptuno. Esta imaxe composta de Despina e a súa sombra creouse a partires de catro fotogramas de arquivo tirados o 24 de agosto de 1989, afastadas por nove minutos. A propia Despina foi salientada artificialmente para facela máis sinxela de ollar. Na antiga mitoloxía grega, Despina é unha filla de Poseidón, o deus Neptuno para os romanos.