Unha viaxe á Lúa

Unha viaxe á LúaCréditos da imaxe: Georges Méliès, Wikipedia
Explicación: como sería visitar a Lúa? A primeira película cinematográfica de ficción que explora esta imperecedoiro fantasía transcultural titulouse Le voyage dans la lune (Unha viaxe á Lúa) e fíxose en 1902, convertíndose nunha das películas máis populares dos primeiros anos do século vinte. A película muda protagonizada polo propio produtor de cine Georges Melies e retrataba a un clube de astrónomos viaxando á Lúa e voltando. Na fotografía superior hai un fotograma da película que se convertiu nunha icona eterna tanto do filme coma do espazo. Referíndose a unha traxectoria ata a diana, a Faciana da Lúa está caricaturizado sendo impactado pola nave espacial humana. O filme de 14 minutos ao completo está agora dispoñible de balde. Visitar a Lúa segue a ser un tema moi popular incluso 67 anos despois de 1969 cando os humanos fixeron a súa primeira viaxe real.