A escala do Universo – interactivo



Créditos da animación flash e copyright: Cary & Michael Huang
Explicación: a que se parece o Universo a pequena escala? E a grande escala? A humanidade está a descubrir que o Universo é un lugar moi diferente en calquera proporción na que fose explorado. Por exemplo, tan lonxe como sabemos, calquera minúsculo protón é exactamente igual a outro, pero cada gran galaxia é diferente. A escalas máis familiares, unha pequena táboa de cociña para un huamno é un plano enorme de rugosidade estraña para un ácaro de po; posiblemente zarrapicada con rochas celulares. Non todas as escalas están ben exploradas (coma ocorre coas pequenas pingas húmidas que espirras, por exemplo, que son un tema de investigación actual) e posiblemente útil para saber coma axudar a parar o espallamento da enfermidade. A animación interactiva en flash de enriba, unha versión moderna do vídeo clásico Potencias de Dez, é unha nova xanela a moitas das escalas coñecidas do noso Universo. Movendo a barra de scroll do fondo, podes explorar a diversidade de tamaños, mentres premes nos diferentes obxectos para conseguir información descritiva.