Os cágados de IC 410

Os cágados de IC410Créditos da imaxe e copyright: Martin Pugh
Explicación: este primeiro plano telescópico amosa á noutrora tenue nebulosa de emisión IC 410 en impactantes cores simuladas. Tamén representa dous habitantes destacados do estanque cósmico de gas e po que está enriba á dereita do centro, os cágados de IC 410. A imaxe é unha composición de fotografías tiradas ao través de filtros de banda estreita. A imaxe de datos de banda estreita rastrexa os átomos da nebulosa, con emisión de átomos de xofre en vermello, átomos de hidróxeno en verde e de osíxeno en azul. Parcialmente escurecida polo po do primeiro plano, a propia nebulosa arrodea a NGC 1893, un cúmulo galáctico mozo que fortalece o gas brillante. Compostos de gas e po máis frío e denso, os cágados teñen uns 10 anos luz de lonxitude, sendo probablemente lugares onde se están a desenvolver procesos de formación estelar. As súas colas, esculpidas polo vento e a radiación procedentes dos cúmulos estelares, esfúmanse desde a rexión central do cúmulo. IC 410 está a uns 12.000 anos luz de distancia, cara a constelación Auriga.