Mancha solar no solpor

Mancha solar no solporCréditos da imaxe e copyright: Jürg Alean
Explicación: os solpores poden ser o evento celeste máis observado. Pero os últimos solpores ofreceron incluso algo extra. Captada nesta escena do 5 de xaneiro, houbo unha mancha solar tan grande que foi visible a simple vista, cruzando preto do centro dun disco solar borroso e distorsionado pola densa atmosfera da Terra. As imaxes en primeiro plano desvelaron que a mancha se trata dunha rexión solar activa composta de manchas solares, algunhas meirandes có propio planeta Terra. Catalogada coma rexión activa AR1944, o 7 de xaneiro produciu unha labarada solar significativa.