Liberados tres CubeSats

Liberados tres cubesatCréditos da imaxe: Expedición 38, NASA

Explicación: os cubos están a orbitar a Terra. Cunha medida de dez centímetros en cada lado, os CubeSats –cada un co tamaño aproximado dunha taza de café grande– están deseñados para ser baratos tanto de construír como de lanzar. Na fotografía superior, tres  CubeSats foron liberados desde a International Space Station (ISS ou Estación Espacial Internacional) a finais de novembro polo brazo co módulo do Kibo Laboratorio Kibo de nacionalidade xaponesa. A miúdo os CubeSats son construídos por estudiantes coma parte do seus estudios universitarios ou coma eproxectos de enxeñería e inclúen misións coma o recompilado de imaxes gran angular da Terra, proba de comunicacións de radio orbitais, o control do campo magnético da Terra e a exploración das radiacións do contorno terrestre. Dependendo da altura exacta da súa liberación, os CubeSats farán a súa re-entrada na atmosfera da Terra nunha escala temporal de meses a anos.

Astrofísica: navega polo máis de 700 códigos da Astrophysics Source Code Library