Galaxia NGC 474: capas e correntes estelares

Galaxia ngc474: capas e correntes de estrelasCréditos a imaxe e copyright: P.-A. Duc (CEA, CFHT), Atlas 3D Collaboration
Explicación: que lle está a acontecer á galaxia NGC 474? As capas múltiples de emisión aparecen estrañamente complexas e de xeito inesperado danlle unha aparencia relativamente uniforme da galaxia elíptica en imaxes menos fondas. Actualmente descoñécese a causa das capas, pero posiblemente sexa por colas de marea gravitacional relacionadas con refugallos que quedaron das numerosas galaxias pequenas absorbidas nos últimos miles de millóns de anos. Outra alternativa, as capas poida que sexan coma ondas nun estanque, onde as colisións que se están a desenvolver coa galaxia espiral xusto por riba de NGC 474 está a provocar ondas de densidade que propagan as ondas a través do xigante galáctico. Indendentemente da causa real, a imaxe de enriba salienta radicalmente o consenso en aumento de que polo menos algunhas galaxias elípticas se formaron no pasado recente, e que os halos máis externos da maioría das grandes galaxias non son realmente suaves senón que teñen complexidades inducidas polas interaccións frecuentes con (e as acrecións de) galaxias achegadas máis pequenas. O halo da nosa propia Galaxia da Vía Láctea é un exemplo desa complexidade inesperada. NGC 474 abarca uns 250.000 anos luz e atópase a uns 100 millóns de anos luz de distancia cara a constelación do Peixe (Pisces).

Novas: seque ao APOD no Instagram.