Lovejoy no Aninovo

O cometa Lovejoy no AninovoCréditos da imaxe e copyright: Damian Peach
Explicación: o cometa Lovejoy (C/2013 R1), un rival para o derrotado cometa ISON en 2013, aínda anda a voar polos ceos á primeira hora da mañá, como o captou esta escena estrelecida do día de Aninovo. Somentes visible a simple vista desde ceos escuros antes do mencer, o Lovejoy segue a ser un bo obxectico para os observadores celestes equipados con binoculares do hemisferio norte. Pero esta fonda exposición amosa as fermosas colas do Lovejoy e a sedutora e verdecente coma mellor que as imaxes binoculares. Este cometa Lovejoy, que non é un rasante solar, tivo o seu achegamento máis próximo ao Sol ao redor do 22 de decembro, facendo un xiro polo máis alto do plano da eclíptica. Dirixíndose agora cara o Sistema Solar exterior, o Lovejoy comezou o ano novo a uns 6,7 minutos luz do planeta Terra.