Melotte 15 no corazón

Melotte 15 de corazón
Créditos da imaxe e copyright: Jimmy Walker
Explicación: as nubes cósmicas semellan formar formas fantásticas nas rexións centrais da nebulosa de emisión IC 1805. Naturalmente, as nubes son esculpidas polos ventos estelares e a radiación procedentes das estrellas masivas e quentes do cúmulo de estrelas recén nadas da nebulosa, Melotte 15. Cuns 1,5 millóns de anos de idade, as estrelas do cúmulo están preto do centro desta paisaxe celeste chea de cor, xunto con nubes de po que se ven en silueta. A imaxe telescópica, dominada pola emisión do hidróxeno atómico, abarca uns 30 anos luz. Pero as imaxes de campo máis amplo desvelan que o conxunto perfilado suxire o seu nome popular, máis sinxelo ca IC 1805; a nebulosa Corazón. IC 1805 atópase ao longo da Vía Láctea setentrional, a uns 7.500 anos luz de distancia cara a constelación Cassiopeia.