As nubes de hidróxeno de M33


See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an alternate version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.

Créditos da imaxe e copyright: Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, U. Arizona Explicación: a preciosa galaxia espiral M33 parece ter máis que a súa parte proporcional de gas hidróxeno brillante. M33, un membro destacado do grupo local de galaxias, tamén se coñece coma a Galaxia do Triángulo e atópase a uns 3 millóns de anos luz distancia. Neste retrato galáctico telescópico que amosa os seus 30.000 anos luz interiores, saliéntanse as nubes avermelladas de hidróxeno ionizado ou rexións HII. As rexións HII xigantes de M33, espallándose ao longo dos brazos espirais pouco definidos que se enrolan cara o núcleo, son algunhas das garderías estelares máis grandes coñecidas, lugares de formación das estrelas de vida curta pero moi masivas. A intensa radiación ultravioleta procedente das estrelas masivas e luminosas, ioniza ao gas hidróxeno que as arrodean e ao final produce o característico brillo vermello. Para salientar esta imaxe, os datos de banda ancha empregáronse para producir unha visión en cor da galaxia e combinouse con datos de banda estreita gravados a través dun filtro de hidróxeno alfa, que transmite a luz da eliña de emisión. máis forte do hidróxeno. Para ver só os datos monocromáticos de banda estreita, move o teu curso pola imaxe ou toma esta viaxe en vídeo das nubes de hidróxeno de M33.