O país dos lagos en Titán

O país dos lagos de TitánCréditos da imaxe: Cassini Radar Mapper, JPL, USGS, ESA, NASA
Explicación: a gran lúa Titán de Saturno sería única no noso Sistema Solar, o único mundo con lagos de líquido estable e mares na súa superficie… agás o planeta Terra, claro está. Centrado no polo norte, este mapa colorido amosa os corpos de metano e etano de Titán en azul e negro, mantendo líquidos á temperatura xeada de -180 graos C (-292 graos F). O mapa está baseado en datos procedentes do radar da nave espacial Cassini, tomados durante sobrevoos entre 2004 e 2013. O lago por riba e á dereita do polo, máis ou menos con forma de corazón, é Ligeia Mare, a segunda masa líquida máis grande coñecida en Titán e meirande co Lago Superior da Terra. Xusto por baixo do polo norte está Punga Mare. O mar que se espalla por baixo e á dereita de Punga é o (agardamos que durmido) Kraken Mare, o máis grande mar coñecido de Titán. Por riba e á esquerda do polo, a superficie da lúa está zarrapicada con lagos máis pequenos de hasta uns 50 quilómetros de diámetro.