Unha Lúa chea de cor

colormoon_francsics_apod900
Créditos da imaxe e copyright: László Francsics
Explicación: a Lúa óllase normalmente con sombras sutís de gris ou amarelo. Pero as diferenzas de cor pequenas e medibles esaxeráronse en grande medida para facer esta paisaxe luar telescópica e multicor, captada durante a fase de Lúa chea. Está recoñecido que as cores diferentes se corresponden con diferenzas reais na composición química da superficie luar. Os tons azuis desvelan zonas richas en titatio mentres as cores laranxa e púrpura amosan rexións relativamente povres de titatio e ferro. O familiar Mar da Tranquilidade, ou Mare Tranquillitatis, é a zona azul da parte superior dereita do recadro. Tamén se ven as liñas brancas que irradian pola terras altas lunares meridionais con tons laranxas desde o cráter Tycho de 85 quilómetros de anchura na parte inferior esquerda. Por riba, os raios máis escuros do cráter Copernicus esténdense polo interior do Mar das Choivas (Mare Imbrium) na parte superior esquerda. Calibrated rom the Apollo missions, Outras imaxes parecidas multicor de sondas espaciais, calibradas a partires de mostras de rocha das misións Apollo, empregáronse para explorar a composición superficial global da Lúa.