Piares de luz sobre Finlandia

Piares de luz sobre FinlandiaCréditos da imaxe e copyright: Thomas Kast
Explicación: que está a acontecer por tras desas casas? O fotografado enriba non é unha aurora senón piares de luz próximos, un fenómeno local que pode semellarse a un máis afastado. En moitos lugares da Terra, un ollador afortunado pode ver un piar solar, unha columna de luz que parece extenderse desde o Sol provocado pola axitación dos cristais de xeo que reflicten a luz solar desde a atmosfera superior. Normalmente estes cristais de xeo evapóranse antes de chegar ao chan. Porén, cando arrefrían as temperaturas, os cristais de xeo planos en axitación poden formarse preto do chan en forma de neve de luz, ás veces denominado coma unha brétema de cristal. Entón, estes cristais de xeo poden reflectir as luces do chan en columnas non moi diferentes a un piar do Sol. Mentres saía para mercar comida para o gato, un fotógrafo de mente rápida captou os piares de luz superiores que se extenden cara o alto desde as luces dun aparcadoiro brillante en OuluFinlandia.