O todoterreo Yutu roda sobre a Lúa

O todoterreo Yutu roda sobre a LúaCréditos da imaxe: Chinese National Space AdministrationXinhuanet
Explicación: un novo todoterreo do tamaño dun pupitre comezou a explorar a Lúa. Lanzado hai dúas semanas pola Administraicón Espacial Nacional Chinesa, a nave espacial Chang’e 3 logrou aterrar sobre a Lúa onte e liberou o todoterreo automático. Yutu, nomeado así por un Coello de Xade do folclore lunar, ten unha misión programada para tres meses co fin de explorar varios quilómetros no interior do cráter de impacto Sinus Iridum (denominaicón latina da “Badía dos Arcos da Vella”). As cámaras e os espectrómetros de Yutu investigarán os accidentes e a composición da superficie mentres o radar de penetración no solo investigará a estrutura das fonduras do chan. Chang’e 3 acadou a primeira aterraxe lunar suabe desde o Luna 24 da Unión Soviética en 1976, e Yutu é o primeiro todoterreo luar liberado desde o Lunokhod 2 da URSS en 1973. Na fotografía superior, Yutu foi fotografado desde o seu vehículo de aterraxe onte xusto tras comezar a súa rodaxe sobre a Lúa.

Nota: o APOD está dispoñible en chinés desde o Beijing Planetarium.