Alnitak, Alnilam, Mintaka

Alnitak, Alnilam e MintakaCréditos da imaxe e copyrightRogelio Bernal Andreo (Deep Sky Colors)
Explicación: AlnitakAlnilam e Mintaka son as brillantes estrelas azuladas desde o leste ao oeste (abaixo á dereita ata enriba á esquerda) ao longo da diagonal deste espectacular vista cósmica. Coñecidas tamén coma o Cinto de Orión, estas tres estrelas superxigantes azuis están máis quentes e son moito máis masivas có Sol. Atópanse a uns 1.500 anos luz de distancia, nadas nas ben estudiadas nubes interestelares de Orión. De feito, as nubes de gas e po á deriva nesta rezión teñen algunas formas intrigantes e abraiantemente familiares, incluíndo a escura Nebulosa Cabeza de Cabalo e a Nebulosa da Chama, preto de Alnitak na parte inferior dereita. A propia e famosa Nebulosa de Orión está fóra do bordo dereito deste campo estelar cheo de cor. A imaxe, ben encadrada, de amplo campo telescópico abarca uns 4 graos do ceo.

Vixilia: a chuvia de meteoros das Xemínidas