O cometa Lovejoy sobre un muíño

O cometa lovejoy sobre un muíñoCréditos da imaxe e copyright: Jens Hackmann
Explicación: o Lovejoy segue a ser un cometa impresionante para a cámara. Na imaxe de enriba, o cometa C/2013 R1 (Lovejoy) fotografouse por riba dun muíño no Saint-Michel-l’Observatoire no sur de Francia cunha exposición de seis segundos. No primeiro plano está un campo de lavanda. O cometa Lovejoy debería ficar dispoñible para oportunidades fotográficas para os observadores meridionais durante gran parte de decembro e durante gran parte da noite, aínda que se irá atenuandoe mentres o mes avanza e se eleve no ceo antes do mencer. En persoa, o cometa será a mellor vista cos binoculares. O cometa Lovejoy, unha xigante bóla de neve sucia, visitou por última vez o interior do Sistema Solar hai uns 7.000 anos, máis ou menos o tempo no que os humanos desenvolveron a roda.