As nubes cheas de cor de Rho Ophiuchi

As nubes cheas de cor de Rho OphiuchiCréditos da imaxe e copyright: Rafael Defavari
Explicación: as numerosas cores espectaculares das nubes de Rho Ophiuchi salientan os diferentes procesos que ocorren aí. As rexións azuis brillan principalmente pola luz reflectida. A luz azul da estrela Rho Ophiuchi e as estrelas achegadas reflicte de xeito máis eficiente esta zona que a luz vermella. O ceo diurno terrestre parece azul pola mesma razón. As rexións amarelas e vermellas brillan sobre todo debido á emisión procedente do gas molecular e atómico da nebulosa. A luz das achegadas estrelas azuis, máis potente que a estrela brillante Antares, arrinca electróns do gas, que entón brilla cando os electróns se recombinan co propio gas. As escuras rexións marróns están provocadas polos grans de po, nacidos en atmosferas de estrelas novas, que bloquean de forma eficiente a luz emitida desde detrás delas. As nubes da estrela Rho Ophiuchi, ben en fronte do cúbulo globular M4 visible na parte superior máis abaixo á esquerda, son incluso máis coloridas do que os humáns poden ollar; as nubes emiten luz en todas as bandas de lonxitude de onda desde o radio ata os raios gamma.